Contrapunto é o novo disco das Tanxugueiras, un canto ao feminismo que está producido por elas mesmas. “Se che gustan as Tanxugueiras, vaiche gustar e se non che gusta é que non che gustan as Tanxugueiras”.  Sabela Maneiro, Olaia Maneiro e Aida Tarrío falan así de claro sobre o novo disco, o trad e a vida mesma ante as cámaras de Nós Televisión.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As dez novas cancións de Contrapunto poderanse escoitar axiña en directo. Darán catro concertos de presentación en Mos, Celanova, Burela e Santiago. Ademais, haberá dúas ocasións máis para velas ao vivo: este sábado 23 acompañando a Xabi Aburruzaga en Bilbao e o día 30 de novembro no Culturgal.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -