Home Espazo Aberto Feminismos Daniela Ferrández ante as campañas do 25N: “A violencia machista contra as mulleres trans existe e cómpre visibilizala”

Daniela Ferrández ante as campañas do 25N: “A violencia machista contra as mulleres trans existe e cómpre visibilizala”

0
Daniela Ferrández ante as campañas do 25N: “A violencia machista contra as mulleres trans existe e cómpre visibilizala”

A feminista e defensora da clase obreira, que preside o colectivo Amizando, Daniela Ferrández, afirma con rotunidade: “Estamos todas unidas contra o fascismo“. Ferrández chama a construír na rúa e considera que “como movemento transfeminista temos un papel moi importante dentro da loita contra o fascismo igual que o resto dos movementos sociais”. “Temos que parar este odio“, indica.

Daniela Ferrández tamén apunta ás campañas institucionais do 25N que non visibilizan as violencias machistas que sofren as mulleres na súa diversidade. “A violencia contra as mulleres trans existe, que está agochada e cómpre visibilizala. (…) Hai moitas institucións que non contan con nós, non pensan que sexa o noso día”.