Home Programas Espazo Aberto Dende “tomadura de pelo” a “abusiva”. Así cualifican os partidos a nova suba das peaxes da AP9

Dende “tomadura de pelo” a “abusiva”. Así cualifican os partidos a nova suba das peaxes da AP9

0
Dende “tomadura de pelo” a “abusiva”. Así cualifican os partidos a nova suba das peaxes da AP9

Os grupos políticos do Parlamento volveron alzar a voz en contra da suba de peaxes da AP9. Este 2020 virá acompañado dunha nova suba nas tarifas da Autoestrada do Atlántico que se cifrará nun 0,84 por cento máis. Este incremento elevará a AP9 ao máis alto dos prezos no sector das autoestradas españolas. “Queremos unha AP9 galega, pública e 100% gratuíta”, reivindicaba Luca Chao.

Dende o BNG, Ana Pontón fixo notar a súa indignación polas subidas continuas e “desproporciondas das peaxes” e por iso “mantemos un compromiso moi claro: conseguir a xestión da AP9 como primeiro paso para acabar coa estafa das peaxes e será un tema clave na axenda galega ante o Estado e, desde logo, vai condicionar a nosa actuación nos próximos días. Os que aspiran a gobernar no Estado teñen que ter claro que está é unha posición firme e sólida e non imos permitir que siga o trato discriminatorio con noso país”, salientou.

A líder nacionalista fixo fincapé en que desde 1977 as peaxes da AP9 aumentaron un 1.800%, que desde que AUDASA ten a concesión a recadación ascende a 2.500 M€ e que en 2048, cando finalice, a cifra subirá a 14.500 M€. Destacou tamén que só tres autoestradas teñen a concesión máxima de 75 anos e dúas están en Galiza, AP9 e AP53.

Dende En Marea, Davide Rodríguez tamén criticaba con dureza esta suba das peaxes da AP9 que se realizará por terceiro ano consecutivo.