Home Programas Espazo Aberto Gonzalo Caballero critica a liña “alocada e sen rumbo” de Pablo Casado e advirte que lle vai acabar gañando Abascal

Gonzalo Caballero critica a liña “alocada e sen rumbo” de Pablo Casado e advirte que lle vai acabar gañando Abascal

0
Gonzalo Caballero critica a liña “alocada e sen rumbo” de Pablo Casado e advirte que lle vai acabar gañando Abascal

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, presentou este luns o novo laboratorio de ideas das socialistas de Galicia, IdeaGaliciaLab, que ten coma obxectivo servir de enlace entre a sociedade civil e “o partido que vai liderar o cambio”. “Queremos ter as portas abertas a todas as ideas que poidan axudar a encarar unha Galicia máis próspera, sostible e xusta, e facelo a carón da sociedade civil”, destacou.

Preguntado pola prensa, Caballero tamén se pronunciou sobre os movementos dentro dos partidos de dereita. En concreto, lanzáballe unha mensaxe a Pablo Casado.

IdeaGaliciaLab

Na xornada de presentación do laboratorio, ademais da coordinadora e o secretario xeral do PSdeG, participarán os presidentes da Xunta Emilio Pérez Touriño e Fernando González Laxe, ademais do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a presidenta do ADIF, a lucense Isabel Pardo de Vera.

Na primeira mesa, que abordará ‘Unha Galicia sostible’, participará tamén Pardo de Vera xunto co fiscal delegado de Medio Ambiente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e membro da Unión Progresista de Fiscais, Álvaro García Ortiz, o catedrático de Política Económica da Universidade de Vigo Xosé Carlos Arias e o catedrático de Ecoloxía da Uvigo Emilio Fernández.

Na segunda, sobre ‘Unha Galicia xusta e innovadora’, falarán o catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña Antonio Izquierdo, o catedrático de Computación e Intelixencia Artificial da Universidade de Santiago de Compostela Senén Barro, a médica Elisa Ausín, membro da plataforma ‘PACs en Loita’; e a decana da facultade de Educación da Universidade de Santiago, Carmen Fernández Morante.

A esta primeira xornada de traballo seguirán outras sectoriais ao longo do país para seguir recollendo “reflexións para artellar a mellor Galicia”.