Home Programas Espazo Aberto Antón Sánchez denuncia a proposta de expulsión do Exército ao cabo Santos pola sinatura dun manifesto antifranquista

Antón Sánchez denuncia a proposta de expulsión do Exército ao cabo Santos pola sinatura dun manifesto antifranquista

0
Antón Sánchez denuncia a proposta de expulsión do Exército ao cabo Santos pola sinatura dun manifesto antifranquista

Antón Sánchez reuniuse este luns en Redondela co cabo Marco Santos, sobre o que pesa unha proposta de expulsión do Exército pola sinatura do manifesto elaborado como resposta ao comunicado franquista subscrito por ata mil exoficiais e militares reservistas. O comunicado, titulado ‘Declaración de respeto y desagravio al general Francisco Franco Bahamonde’ foi rexeitado por varios ex militares a través dun manifesto de repulsa, do cal o cabo Santos foi o único asinante en activo.

“A defensa dos valores democráticos non pode ser considerada como unha manifestación política partidaria”, criticou Antón Sánchez quen trasladou a Santos a solidariedade do Grupo Común da Esquerda coa súa situación. “Cuestións coma esta evidencian que o Exército nunca levou a cabo unha ruptura co Réxime franquista, que aniña franquismo nas súas filas e que tolera manifestacións franquistas nos seus mandos. Os militares franquistas están moi cómodos neste Exército, mentres que os antifranquistas se ven constantemente minorizados”.

O Grupo Común da Esquerda levará ao Parlamento Galego iniciativas para que a Cámara se posicione en contra da expulsión do cabo Santos e para que se tomen medidas para a democratización do Exército e a súa ruptura co franquismo.