Home Programas Área Compostela De Moncho Valcarce á loita contra a minaría contaminante en Galicia

De Moncho Valcarce á loita contra a minaría contaminante en Galicia

0
De Moncho Valcarce á loita contra a minaría contaminante en Galicia

No serán deste pasado martes, a Plataforma Veciñal contra a Mina Touro e a Irmandade Moncho Valcarce celebraron dúas visitas guiadas e un acto homenaxe ao coñecido coma o “Cura das Encrobas0” en San Domingos de Bonaval.

Rebeldia con poesía!! "…Metédeas no cú! Devolvédenos a fonte, o lugar de lavar os panos. A sinxeleza da choiva e dos paraugas…… quen nos coserá a nós as paredes rachadas? O exilio rápido? A reforma do lugar, o ruido das excavadoras e camións…os barrenos que fan chorar ás vellas da casa que xa non teñen casa. Nacer nun sitio e morrer noutro, arrempuxadas. Onde aleito a miña crianza agora? Á sombra de que emparrado?…" que grande Emma PedreiraVan dúas horas de recital en homenaxe a Moncho Valcarce resumidas en 30 minutos! Galiza non é unha mina, a terra, o vento, a auga para o noso alimento! Enorme traballo de Iolanda Aldrei, de Natalia Navaza Perez, Irene Rivas Veiras e Laura Rey Pasandín para que esto fose realidade!!!

Publicada por Xose Anton Bocixa Rei en Jueves, 6 de septiembre de 2018

Con motivo da exposición “Moncho Valcarce: Unha vida de compromiso con Galiza”,que permanecerá no Museo do Pobo Galego ate próximo día 16 de setembro.