O responsable de Turismo do PSdeG, José Manuel Pérez Seco, falou para Nós Televisión sobre a situación dos albergues do Camiño de Santiago. Perez Seco reclamoulle á Xunta coordinación entre os concellos polos que transcorre o Camiño e os albergues, para a disposición de instalacións municipais cando haxa unha alta afluencia de peregrinos.
José Manuel Pérez Seco analizou a resposta dada pola Xunta de Galicia
O parlamentario socialista chama á intervención do goberno galego para mediar entre os concellos e os propietarios dos albergues, para poder así garantir que os peregrinos poidan atopar unha cama, e tamén evitar a competencia desleal.