Home Programas Área Compostela “Compostela é música”: chega o novo censo oficial de músicos

“Compostela é música”: chega o novo censo oficial de músicos

0

Compostela contará cun censo oficial de músicos profesionais. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou en rolda de prensa o proxecto da sección local da asociación Músicos ao Vivo que achegará, a través dunha plataforma virtual, un mapa dos profesionais deste eido na cidade.

Esta mañá estiveron en Raxoi tres membros do colectivo Músicos ao Vivo, Nastasia Zürcher, Xabier Mera e Xacobe Martínez. Desde o colectivo sinalaron como xurdiu o proxecto e a pretensión que teñen de mapear a situación do colectivo e xerar novas sinerxias entre o colectivo.

Como funciona?

Para formar parte de Compostela é música compre que polo menos a metade dos compoñentes dos mebros dos grupos, desenvolvan o seu traballo en Santiago, e que polo menos a metade sexan do municipio. O prazo de inscrición será do 15 de febreiro ao 15 de marzo, e agárdese ter o censo completo o 1 de abril.