Home Programas Área Compostela Xa hai data para a comisión de seguimento da nova depuradora

Xa hai data para a comisión de seguimento da nova depuradora

0
Xa hai data para a comisión de seguimento da nova depuradora

O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, explicou en rolda de prensa as últimas novidades en relación á construcción da nova depuradora de Santiago.

A máis importante é a constitución este mesmo mes dunha comisión de seguimento que terá lugar o vindeiro 21 de febreiro.

“As bases da nova depuradora están postas pero hai que seguir avanzando” Xan duro, concelleiro de medio ambiente

O edil asegurou que unha das decisións do seu departamento era revisar o convenio actual

A oposición esixe máis axilidade

A oposición municipal, con respecto a este tema, solicitou que se axilizara canto antes. Pola sala de prensa de Raxoi pasaron hoxe os voceiros municipais e o propio portavoz do PSdeG e deputado no Parlamento por Compostela Xaquín Fernández Leiceaga.
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia asegurou que agarda que o novo convenio estea asinado no mes de xuño para logo comezar a tramitación administrativa, que depende do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente e de Acuaes.