Compostela Aberta reitera a súa oposición a ubicar a EDAR no Souto

"De facerse algo, habería que elaborar un novo estudo de impacto ambiental", explica o concelleiro Xan Duro

Continúa a incerteza no tocante á ubicación da nova EDAR de Santiago de Compostela. O grupo de Goberno mantén que a proposta alternativa, a da ampliación da actual planta da Silvouta, permitiría un considerábel aforro económico e enerxético, mais esta opción segue sen convencer a Acuaes e Augas de Galicia.

Este martes, o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, reiterou a oposición dende Raxoi a construír a depuradora no Souto, e lembrou o achádego de árbores senlleiras e elementos patrimoniais non contemplados nas previsións iniciais. “De facerse algo, habería que elaborar un novo estudo de impacto ambiental”, matiza.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -