Home Programas Área Compostela Bota a andar un documental sobre Xosé Manuel Beiras

Bota a andar un documental sobre Xosé Manuel Beiras

0
Bota a andar un documental sobre Xosé Manuel Beiras

Non é habitual que unha figura do calado histórico de Xosé Manuel Beiras aínda non fora o foco dun documental en profundidade sobre a súa traxectoria vital. Esta é a primeira reflexión que levou a Pepe Coira, Jorge Coira e Gaspar Broullón a desenvolver unha longametraxe sobre unha das figuras políticas e intelectuais máis destacadas dos últimos 50 anos en Galicia.

Beiras. Vivir2Veces: a primeira longametraxe de Ollo Vivo

Trátase dun documental participativo “con Beiras” e que quere facerse realidade mediante plataformas de creación colectiva. ‘Beira. Vivir2Veces’ finaciarase a través dunha campaña de micromecenado. A produtora Ollo vivo prepara este proxecto documental que, segundo avanzan, terá a súa estrea na primavera de 2019.