As cacharelas de San Xoán poderanse solicitar dende o 1 de xuño

A documentación para obter o permiso debe entregarse no Rexistro Xeral do Concello até o día 15

Achégase a máxica noite de San Xoán e, con ela, o elemento máis característico desta festividade: as cacharelas. Entre o 1 e o 15 de xuño, a cidadanía poderá solicitar o permiso para realizar tanto fogueiras coma sardiñadas o vindeiro día 24. No caso das devanditas cacharelas, as súas dimensións deberán cumprir a normativa local vixente.

O concelleiro de Medio Ambiente lembrou que, como cada ano, o lume estará prohibido en lugares moi concorridos como a praza do Obradoiro, Cervantes, Quintana, Toural ou Praterías. Alén diso, empraza á cidadanía a facer un “bo uso” das cacharelas. “Non se poderán queimar pneumáticos nin obxectos que emitan gases tóxicos”, explica, ao tempo que insta ás e os participantes a empregar madeira sen cravos para “evitar lesións”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

As solicitudes para montar unha cacharela en terreo público deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, namentres as que se realicen nunha propiedade privada deberán notificalo a través da páxina web municipal, así como cumprir a normativa establecida polo consistorio.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -