Home Programas Área Compostela Compostela Aberta presenta unha iniciativa para a remunicipalización da auga

Compostela Aberta presenta unha iniciativa para a remunicipalización da auga

0
Compostela Aberta presenta unha iniciativa para a remunicipalización da auga

Compostela Aberta propón a remunicipalización da auga como medida a levar a cabo no caso de seguir no goberno despois das eleccións municipais. Martiño Noriega explica que a principal razón desta iniciativa é que “a auga é un recurso natural e a xestión debe ser transparente e pública como o é a auga”, di Noriega.

O concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, reforza as palabras de Noriega e di que ao ser a auga un dereito humano “debe ser xestionado sen ánimo de lucro”. Compostela Aberta presenta esta iniciativa de remunicipalización da auga como unha medida “máis eficiente, máis barata e máis democrática”, di Xan Duro.