Home Programas Espazo Aberto O Consello da Cultura Galega presenta un libro co que se homenaxea a Antonio Fraguas

O Consello da Cultura Galega presenta un libro co que se homenaxea a Antonio Fraguas

0
O Consello da Cultura Galega presenta un libro co que se homenaxea a Antonio Fraguas

O Consello da Cultura Galega presenta unha publicación facsimilar de homenaxe a Antonio Fraguas. O libro pon o foco na etapa inicial do autor, na de pertenza ao Seminario de Estudos Galegos, na que senta as bases do seu pensamento.

Clodio González é o autor do estudo crítico e biográfico e foi el tamén o que se encargou de seleccionar os artigos. “Foi un gran autor, investigador e divulgador, pero tamén unha gran persoa”, di Clodio González sobre Fraguas.

A publicación deste libro en homeaxe a Antonio Fraguas encádrase dentro das actividades que o Consello da Cultura Galega realiza polo Día das Letras Galegas. Ademais do libro, tamén se dá a coñecer o Roteiro Antonio Fraguas, itinerario para web e dispositivos móbiles que percorre a vida e a obra do autor en 39 paradas que se suceden entre as provincias de Ourense e de Pontevedra.