Dezaoito galardóns premiaron o talento das máis novas e novos do concello de Pontevedra. A gala de entrega dos premios ‘Ben veñas Maio’ tivo lugar no Teatro Principal.
Os e as gañadoras desta edición foron, en banda deseñada, Miguel Bouzas, do IES Torrente, seguido de Teo Outón, do Sánchez Cantón, na categoría ata 14 anos; e Nazaret Méndez, Nuria Puente e Abril Iglesias, as tres do IES A Xunqueira, na modalidade a partir de 15 anos. En narración curta na primeira categoría gañaron Carlos Matías e recibiron o segundo premio Irene Shengyu e Manuel Salgado, os tres do ES Torrente. Na modalidade a partir de 15 anos foron premiadas Sara Rodríguez e Marcelo Caramés, os dous do IES A Xunqueira II, e Andrés Pardo, do IES Torrente Ballester.
En poesía gañou en menores de 14 anos María Maceiras, do Sánchez Cantón, e o principal galardón foi na outra categoría para Nee Barros, do Sarmiento, e Diego Bará do CIFP A Xunqueira. En fotografía gañou Carolina Munáiz, do Sánchez Cantón, seguida de Cristian Palacios, do IES Torrente. En curtas fíxose co galardón Enaitz Busto da Xuqueira II, seguida de Manuel Albariñas e Nee Barros, do Sarmiento, e en vídeo-clip Clara Fariña, da Xunqueira II.