Home Programas Área Compostela Comeza a construción dun aparcadoiro na Avenida de Ferrol

Comeza a construción dun aparcadoiro na Avenida de Ferrol

0
Comeza a construción dun aparcadoiro na Avenida de Ferrol

Esta semana comezaron as obras de acondicionamento dun aparcadoiro público na compostelá avenida de Ferrol. O proxecto contempla unha área de estacionamento de entre 55 e 75 prazas, e o acceso rodado darase no cruce entre a propia avenida e a rúa Conxo de Arriba. O obxectivo é “dinamizar” a actividade comercial da contorna.

É unha demanda da veciñanza e do comercio de Conxo

O concelleiro Rafael Peña lembrou que o acondicionamento do aparcamento é unha “demanda da veciñanza de Conxo”. O estacionamento ocupará a parcela que estaba reservada para a construción do novo centro de saúde do barrio, “actuación que segue sen figurar entre os plans inmediatos da Consellería de Sanidade”.

Arquivo: O Concello adxudica as obras do aparcadoiro público na avenida de Ferrol

Outras obras

Por outra banda, o Concello anunciou que a vindeira semana se iniciarán as obras de rexeneración da calzada no eixo das rúas Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar. Esta actuación ten un prazo de execución de seis meses. Ademais, nas vindeiras datas arrincará tamén o proxecto de mellora dos accesos á parroquia de Busto. Esta obra abrangue un tramo de 2’7 quilómetros, dende o cruce de Chorente ao cruce de Neiro.