A videocreación realizada no Barrio de San Pedro durante a primavera 2018 dá conta dun barrio cheíño de identidade propia, aberto a xeitos de facer e expresar, que poñen no centro as vidas das persoas e o local como universal, barrio diverso, revolución danzada, construído nese outro lugar onde as cousiñas pequerrechas e as relacións son máis humanas, máis libres e máis felices.
Inicio Área Compostela
Música para acompañar ás Festas do Barrio de San Pedro
"Maios" tradicionais do álbum Livres e Loucas (Habelas Hainas) a orixe da creación dunha das letras foi a sabotaxe cultural do concello de Compostela en 2015 á festa da primavera do barrio