O Concello de Santiago e o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas da Carne Vacún de Galicia asinaron este xoves, no Pazo de Raxoi, un convenio de colaboración para a construción da nova sede da entidade. Trátase dunha vella demanda do Consello Regulador que, agora si, ve a luz.
Cesión por 40 anos
Emporiso, o consistorio cede, por un período de 40 anos, unha parcela de 1.254 metros cadrados ubicada no SUNP-5 da Muíña. Neste espazo, o Consello construirá o seu novo edificio, que pasará a ser de titularidade municipal malia que a entidade será, na práctica, a propietaria. Asemade, abonará unha contraprestación económica de 47.681,12 euros pola concesión demanial da devandita parcela.