Home Espazo Aberto Cultura Chega a Festa do Apego 2019

Chega a Festa do Apego 2019

0
Chega a Festa do Apego 2019

O Apego é un programa creado polas equipas de normalización lingüística de diversos concellos e a CTNL. Diríxese a familias con crianzas de entre 0 e 6 anos e ten como obxectivo axudar á socialización en galego desde a infancia, creando vínculos coa familia e axudando á transmisión intrafamiliar da nosa lingua.

Este ano, a festa celébrase o 28 de decembro e ofrece actividades entre as 12h e as 20h. Como explican na súa web, “inclúe propostas relacionadas co xogo, a creatividade manual, a danza e o movemento, a literatura, a música, as artes escénicas e o audiovisual, para que as familias teñan diversas opcións e poidan compartir un tempo e un espazo con outras familias tamén interesadas na crianza en galego.”

Podes consultar o programa completo premendo na imaxe: