Con normalidade e tamén con expectación. Así foron as primeiras horas nas mesas de votación habilitadas nas principais facultades compostelás. Así, o estudantado da USC, que se sumou recentemente aos Referendos sobre a monarquía, está levando a cabo as votación durante toda a xornada de hoxe en 12 edificios distintos da Universidade. E alí quixemos estar e conversamos con Sebastián Vilar, un dos estudantes a cargo da mesa na Biblioteca Concepción Arenal.
Tamén hoxe se celebran as votacións nos campus da Coruña, Ourense e Ferrol. Un acto simbólico que tenta darlle á cidadanía un pequeno empurrón para “pasar da opinión á acción”. Agora, para coñecer os resultados, haberá que agardar aínda unhas horas máis.