Home Programas Área Compostela As obras de arte para os escaparates: chega a II edición de Pasearte

As obras de arte para os escaparates: chega a II edición de Pasearte

0
As obras de arte para os escaparates: chega a II edición de Pasearte

Preto dun cento de comercios do Ensanche de Compostela participan na segunda edición de PASEARTE, a Mostra de Arte Contemporánea nos escaparates do Ensanche de Santiago.

Santiago Centro, Área Comercial organiza a acción en colaboración coas galerías Luisa Pita, Nordés, Metro, Federica no era Tonta e Trinta, e co patrocinio de Jael Joyería, Grupo Ulla e  Quatrium Inmobiliaria.

Unha iniciativa pioneira

Pasearte é unha mostra que busca achegar á cidadanía o traballo de artistas e galeristas, ao tempo que atrae ao público ao Ensanche compostelán nunhas datas, as do Nadal, especialmente importantes para o comercio local. Un dos obxectivos desta mostra é desmitificar o coleccionismo de arte e achegar estas obras a toda a cidadanía. Así e todo, os promotores desta novidosa iniciativa tentan paliar a desestacionalización do turismo e atraer máis xente á cidade nestas datas, coincidindo coas tradicionais compras de Nadal.

Esta iniciativa, pioneira en Galicia, tenta consolidar un novo e orixinal espazo cultural enmarcado no programa das festas do Nadal.

Consulta o programa premendo no interior