Chegou o Nadal a Compostela, e como xa é costume non faltan as actividades para disfrutalo ao máximo. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presentou hoxe a programacion de Nadal prevista, dando así comezo á tempada de festas.
O alcalde explicou que na programación deste ano “o Concello mantén a aposta pola recuperación da figura do Apalpador, o vello carboeiro que cada 24 de decembro baixa dos montes do Courel para agasallar ás nenas e nenos con castañas e bos desexos”
Cabalgata
Tampouco os Reis Magos faltarán á súa cita coas nenas e nenos de Compostela. Este ano, a gran cabalgata do 5 de xaneiro levará por lema “A viaxe das marabillas”, e nela Melchor, Gaspar e Baltasar faranse acompañar por Alicia e por algúns dos personaxes que comparten con ela “o país das marabillas”, como o sombreireiro tolo, o coello ou a raíña de corazóns. O alcalde salientou que a deste Nadal “volverá ser unha Cabalgata participada, para a que precisaremos unhas 200 persoas voluntarias que se sumen ás agrupacións artísticas”.
Chega o Nadal a Compostela cargado de música, teatro e xogos
Ata despois de reis, poderemos acudir a obras de teatro, concertos ou actuacións de maxia, pero sobre todo non faltan espazos adicados aos máis pequenos. Eles poderán divertirse no Bosque dos Xogos no Obradoiro ou ver a Mamá Cabra na Festa do Apego
Toda a información esta no programa.