Home Programas Espazo Aberto Carmela Silva: “A xente perdeu o medo á dereita”

Carmela Silva: “A xente perdeu o medo á dereita”

0
Carmela Silva: “A xente perdeu o medo á dereita”

As eleccións municipais non só decidirán o futuro dos concellos senón tamén das deputacións. As últimas enquisas están a evidenciar que o efecto das eleccións xerais, cun PSOE en auxe, continúa. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegura a Nós Televisión que unha das razóns é o cambio de actitude de institucións como a que preside que rompeu a estructura clientelar creada pola dereita en anos de control na provincia.

Silva pensa que o propio PP conta con enquisas propias que tampouco lles son favorables e pídelles autocrítica. A presidenta da Deputación apuntou tamén que quedan moitos obxectivos por completar de cara aos vindeiros anos, como é o apoio á xente nova e a loita contra o abandono do rural como consecuencia da falta de traballo.