Home Programas Espazo Aberto Ana Miranda: “Galiza precisa unha voz forte en Europa que defenda a pesca galega”

Ana Miranda: “Galiza precisa unha voz forte en Europa que defenda a pesca galega”

0
Ana Miranda: “Galiza precisa unha voz forte en Europa que defenda a pesca galega”

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, tras a reunión celebrada onte entre o ministro Luis Planas co comisario de Pesca, Karmenu Vella, critica a “irrelevancia política” do goberno estatal na defensa da pesca artesanal galega. “Despois da negativa da Comisión Europea a defender a pesca artesanal, está claro que o sector necesita unha voz máis forte en Europa que defenda o sector con contundencia”, salientou.

Para a eurodeputada nacionalista, a definición da pesca artesanal galega debe ter en conta as características específicas do sector galego e aspectos clave como son as artes de pesca e o seu impacto no ecosistema mariño, a venda de peixe fresco, o tempo de permanencia no mar, a distancia da costa e o número de tripulantes das embarcacións, así como o impacto económico do sector nas poboacións costeiras. “Galiza precisa unha voz forte en Europa que defenda a pesca galega”, asegurou.

Durante o encontro co colectivo de mariscadoras de Carril, no que tamén participou a deputada no Parlamento galego, Montse Prado, e a candidata á Alcalcía, Lucía César Veloso, a eurodeputada do Bloque expresou o seu compromiso de defender os dereitos das mariscadoras para evitar a súa discriminación, tanto respecto ao salario que perciben como respecto a cuestión de saúde.