Home Programas Espazo Aberto A CUT denuncia, ás portas da folga, a difícil situación en Citröen

A CUT denuncia, ás portas da folga, a difícil situación en Citröen

0
A CUT denuncia, ás portas da folga, a difícil situación en Citröen

A situación en Citröen Vigo é cada vez máis complicada. Este 16 de maio as catro centrais sindicais con presenza na factoría irán á folga logo de que se sumara á mesma a CUT. O Secretario Xeral da CUT Citröen Vigo, Vítor Mariño, sinala a Nós Televisión que hai persoal con baixas médicas pola importante carga de traballo que lles impón a empresa.

Esta central sindical considera que só a unidade de acción das diferentes organizacións de traballadores e traballadoras conseguirá sentar a negociar á multinacional do automobil.