Novo acto reivindicativo do BNG contra o espolio franquista. Representantes da formación nacionalista saíron ao balcón do claustro do Museo da Catedral e colocaron unha faixa co lema “Que nos devolvan o roubado! Franquismo: nunca máis!”.
De Meirás ao Obradoiro
Dende a Praza do Obradoiro, o voceiro municipal, Rubén Cela, e a delegada no Parlamento Europeo, Ana Miranda, sostiveron as imaxes das esculturas do Mestre Mateo que a familia Franco aínda non devolveu ao Concello.
Queremos combater ese espolio desde todos as frontes posibles
Esta mañá @obloque "tomou" a Catedral de Santiago para rexeitar o roubo franquista das estatuas do Pórtico da Gloria #FreeAbrahamIsaac pic.twitter.com/lnizFJj7OU
— Nós Televisión (@NosTelevision) 24 de noviembre de 2017
A recuperación das esculturas de Isaac e Abraham é unha vella reivindicación do BNG, que xa presentou diversas iniciativas no Parlamento de Galicia e o Parlamento europeo. A representante do grupo nacionalista en Bruxelas vén de participar nun acto de denuncia da ditadura franquista no que trasladou as demandas do seu partido.
Finalmente, a policía desaloxou aos militantes do BNG que acudiran ao claustro do Museo e retirou a pancarta que denunciaba o espolio franquista. A organización nacionalista asegura que non cesará a súa loita e preparará máis actos simbólicos coma este.
Militantes do BNG ocupan unha nova propiedade dos Franco: O Pazo de Cornide