Militantes do BNG ocupan unha nova propiedade dos Franco: O Pazo de Cornide

O Bloque volve protagonizar unha ocupación simbólica dunha propiedade espoliada pola familia franco

En pleno casco vello coruñés atópase o Pazo de Cornide, unha propiedade espoliada pola familia Franco nos anos sesenta. Varias ducias de militantes do BNG ocuparon simbolicamente esta propiedade e penduraron unha faixa baixo o lema “Que nos devolvan o roubado”.


Tal e como informa Sermos Galiza, as e os militantes do Bloque permaneceron durante algo máis de media hora no balcón do edificio situado diante da Colexiata de Santa María; dun xeito similar á ocupación simbólica realizada a finais do mes de agosto no Pazo de Meirás, protagonizado tamén por militancia nacionalista

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Ofensiva para recuperar o Pazo de Meirás e as esculturas espoliadas polos Franco

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -