Santiago continúa a ser un clamor social contra as violencias machistas. o acto central polo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres tivo lugar no Teatro Principal coa lectura dun manifesto a cargo da escritora Rosa Aneiros e as intervencións do alcalde da cidade, Martiño Noriega, Marta Lois, concelleira de Igualdade, varios membros da corporación e o alumnado de varios centros de ensino do municipio. Noriega salientou a importancia da campaña e a educación para mudar a situación.
Compostela en negro non é xa unha campaña do Concello, senón que pasou a ser da veciñanza
.@MartinhoNoriega participou esta mañá no acto central do #25N #CompostelaEnNegro. O Alcalde dirixiuse, especialmente, á mocidade compostelá pic.twitter.com/NLEGpThDy6
— Nós Televisión (@NosTelevision) 24 de noviembre de 2017
Manifesto
“A loita contra este tipo de violencias ten que ser unha prioridade institucional”
O manifesto, lido pola escritora Rosa Aneiros, salientou os datos oficiais de violencia machista, con 44 mulleres asasinadas no que vai de ano no Estado, unha delas en Galicia.
O machismo, mata. A escritora @RosaAneiros foi a encargada de ler o manifesto de #CompostelaEnNegro pic.twitter.com/cKj6r7upTj
— Nós Televisión (@NosTelevision) 24 de noviembre de 2017
Un experimento social sobre a resposta ás violencias machistas
Nós Televisión emitirá o vídeo contra as violencias durante as vindeiras semanas
No acto tivo lugar a proxección do spot titulado “Experimento social en negro contra as violencias”, de Uqui Permuy e Valentín Carrera realizado coa colaboración do colectivo vigués Comando Igualdade.
Tamén participaron alumnos e alumnas dos institutos Arcebispo Xelmirez I, Lamas de Abade, Arcebispo Xelmírez II e Rosalía de Castro. Ao remate interviñeron as xogadoras do equipo feminino de roller derby As Brigantias.