Home Espazo Aberto Cultura ‘Balada de verán’, o novo de Guadi Galego

‘Balada de verán’, o novo de Guadi Galego

0
‘Balada de verán’, o novo de Guadi Galego

O disco Inmersión está a piques de chegar. Publicarase o 25 de outubro e virá acompañado dunha xira de presentación que pasará polas principais cidades e vilas do país. Para ir quentando motores, Guadi Galego lanzou máis un novo single: Balada de verán, unha canción na que está acompañada de Lisandro Aristimuño, cantante e compositor arxentino que se atreve a cantar en galego neste tema. Tamén participan Germán Díaz e a creación visual de Carlos Lago.