Home Programas Espazo Aberto Homenaxe ao vigués Xosé Humberto Baena, un dos cinco últimos fusilados do franquismo

Homenaxe ao vigués Xosé Humberto Baena, un dos cinco últimos fusilados do franquismo

0
Homenaxe ao vigués Xosé Humberto Baena, un dos cinco últimos fusilados do franquismo

O cemiterio de Pereiró de Vigo recibirá este venres ás 18 horas unha nova homenaxe ao militante antifascista Xosé Humberto Baena, un dos cinco asasinados o 27 de setembro de 1975 pola dictadura franquista.

Fan xa 44 anos destas execucións que derivaron da creación dun Decreto Lei Antiterrorista redactado a propósito para avalar as execucións contra 11 activistas, algúns deles militantes ou simpatizantes de ETA e do FRAP. Daqueles 11 activistas, seis conmutaron as súas penas por 30 anos de cárcere. Outros cinco foron fusilados. Son: Ángel Otaegui, Juan Paredes Manot, ‘Txiki’, José Luis Sánchez Bravo, Ramón García Sanz e Xosé Humberto Baena.