A 28 edición do Festival internacional Outono de Teatro de Carballo arranca coa Rúa dos Contos e do Teatro de Rúa este venres 27 de setembro e continuará ata o 1 de novembro. Dende hai case 30 anos o FIOT amosa en Carballo o traballo de compañías de referencia e de creadores emerxentes. Pero, sobre todo, o festival procura atraer novos públicos ao teatro. Con #MIRADASFIOT, o festival pon o foco no teatro social.
AXENDA FESTIVAL INTERNACIONAL OUTONO DE TEATRO (FIOT)
27 de setembro
18.00 horas. Biblioteca Rego da Balsa – Estrea absoluta de Un conto de michos, de Pedro Brandariz.
19.30 horas. Pazo da Cultura – Noite branca no teatro.
20.00 horas. Praza do Concello – Só, de Xampatito Pato.
21.00 horas. Café Valle Inclán – Estrea absoluta de O océano de dentro, de Xurxo Souto.
22.30 horas. Casino 1889 – Chola a it girl, de ArtesaCía.
00.00 horas. Pub O Patacón – Concerto de Blues do País.
28 de setembro
21.00 horas. Cafetería Colón – Premios Darwin, de Carmen Conde.
22.30 horas. Cervexaría Beos – Vida e milagres do zume de laranxa, de Tito Rober.
00.00 horas. Mesón do pulpo – Anecdoloxía, de Oswaldo Digón.
29 de setembro
20.00 horas. Mercado municipal – Os mellores monólogos, de Carlos Blanco.