Home Programas Área Compostela As bandas de Santiago e da Coruña únense no Día Europeo da Música

As bandas de Santiago e da Coruña únense no Día Europeo da Música

0
As bandas de Santiago e da Coruña únense no Día Europeo da Música

Este xoves 21, Compostela celebra o Día Europeo da Música cun concerto, enmarcado dentro das Xornadas de Música Contemporánea, que unirá á Banda Municipal de Música de Santiago e a da Coruña. O evento, presentado onte en rolda de prensa pola concelleira Branca Novoneyra, celebrarase ás 20.30 horas na sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia.

A entrada será de balde para o público en xeral.

Con este espectáculo, a banda compostelá conmemora o seu 170 aniversario, namentres a coruñesa fai o propio cos seus 70 anos de vida. No tocante ao repertorio musical, cómpre salientar a estrea da obra ‘Aniversarios’, un pasodobre composto para a ocasión por Simón Couceiro que homenaxea ás dúas agrupacións.

A tradición sinfónica galega

O director da Banda de Música de Santiago, Casiano Mouriño, salienta a “orixinalidade” deste “proxecto común” que reflicte a “tradición sinfónica” do país. Pola súa banda, Juan José Ocón, responsábel da banda da cidade herculina, pon en valor o “nivel musical” que atopou en Galicia dende a súa chegada hai preto dun ano.