Home Programas Área Compostela A USC oferta os graos de Biotecnoloxía, Criminoloxía e Paisaxe para o curso 2018/19

A USC oferta os graos de Biotecnoloxía, Criminoloxía e Paisaxe para o curso 2018/19

0
A USC oferta os graos de Biotecnoloxía, Criminoloxía e Paisaxe para o curso 2018/19

A Universidade de Santiago de Compostela engade para o vindeiro curso tres novos graos á súa oferta de estudos. Trátase dos títulos de Biotecnoloxía, Criminoloxía e Paisaxe, os dous primeiros a impartir en Santiago e o terceiro –compartido coa Universidade da Coruña- en Lugo; todos cunha oferta inicial de 50 prazas.

As novidades

A Universidade amplía os seus horizontes. Dende o vindeiro curso 2018/19, a USC ofrece tres novos graos ao seu alumnado: Biotecnoloxía, Criminoloxía e Paisaxe. Nun acto celebrado hoxe no pazo de Fonseca, o reitor, Antonio López, e os decanos das facultades implicadas anunciaron a nova oferta. No caso de Biotecnoloxía, trátase dunha disciplina que permitirá aproveitar “novas oportunidades” no mercado laboral.

Por outra banda, Criminoloxía pasa de ser un Diploma Superior a un grao universitario, debido á súa demanda “crecente e sostida”.

Así e todo, a Universidade de Santiago de Compostela e a da Coruña serán pioneiras ao ofertar o primeiro grao interuniversitario de Galicia. Será o de Paisaxe, e se impartirá no campus de Lugo e o coruñés.

Así e todo, implantarase tamén a partires de setembro un grupo en inglés de primeiro curso do grao de Química.