O Concello confía en poder “convencer” ao novo goberno central da proposta de depuradora

O Presidente da Xunta súmase ao discurso agresivo do grupo municipal do PP de Santiago contra a mellora da depuradora na Silvouta

Goberno local insiste no seu rexeitamento do proxecto do Souto polo seu “grande impacto ambiental”, e confía en que a nova titular do Ministerio, Teresa Ribera, apoie a opción de ampliar a actual planta da Silvouta. Deste xeito, o Concello reunirase en breves coa nova ministra de Medio ambiente.

Feijóo: “Ides seguir intoxicando o Sar de xeito permanente?”

O Presidente da Xunta, nunha resposta a En Marea, falou tamén da contaminación do Sar

No pleno de onte no Parlamento Galego, o Presidente da Xunta acusou ao goberno municipal de Santiago de bloquear a Depuradora e, con iso, “intoxicar” o Río Sar.  Curiosas declaracións, cando menos.

O Presidente da Xunta defendeu o acordo previo para a Depuradora no Souto, fortemente criticada polo movemento ecoloxista e polos concellos afectados. “Ides seguir vostedes destrozando medioambientalmente o río Sar?”

Faite socia, faite socio

As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego