Home Programas Área Compostela A Xustiza declara nulo un proxecto de urbanización dun parque empresarial asinado en 2010

A Xustiza declara nulo un proxecto de urbanización dun parque empresarial asinado en 2010

0
A Xustiza declara nulo un proxecto de urbanización dun parque empresarial asinado en 2010

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, informou hoxe en rolda de prensa que a Xunta de Goberno acordou anular o proxecto de 2010 de urbanización do SUNP-38 de Formarís, diante da factoría de Finsa, logo de que recibir unha sentenza contraria por parte da Xustiza. Noriega afirma que o goberno municipal xa seguía este caso e aposta por solucionalo dialogando con Fomento.

O alcalde explicou que “no ano 2010 lle foi encargado á empresa municipal Emuvissa, co enfoque de que os custos de urbanización lle serían cargados aos propietarios dos solos próximos, tanto ás grandes empresas como aos pequenos propietarios” e que daquela varias persoas foron as afectadas “porque chegaron a ter as súas contas embargadas por non pagar a conta da liquidación malia a estar recorrida ante os tribunais”.

Agora o concello traballa coa fórmula de asumir “os custos de expropiación dos terreos para a construción da rotonda, mentres que o Ministerio se encargaría da execución da obra”.

Reunión en Madrid

Martiño Noriega tamén informou que o luns manterá varias reunións en Madrid. Pola mañá estará co secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Javier Izquierdo Ronsero, co que falará deste tema, da rotonda de Conxo e pedirá medidas sobre o mal estado da rede viaria. Na mesma xornada mais pola tarde reunirase coa presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para facer seguimento do convenio da construción da intermodal.