Carmela Silva acusa ao goberno da Xunta de buscar confrontación

A Presidenta da Deputación de Pontevedra explica por carta a Miguel Santalices os motivos do seu “plante” ao Parlamento

Imaxe de arquivo

A Axenda do Parlamento de Galicia marcaba que hoxe tiña que comparecer a presidenta da Deputación de Pontevedra mais a axenda desta institución provincial non dicía o mesmo. Carmela Silva rexeitou, outro ano máis e por escrito nunha carta a Miguel Santalices, comparecer na comisión de Economía para explicar os orzamentos desta institución para o 2019.

Carmela Silva compareceu por última vez en 2016 e daquela fora acosada con outras cuestións alleas aos orzamentos por un deputado do PP. Malia as súas protestas o presidente da Cámara non actuou nin durante a intervención nin despois. Ao ano seguinte a presidenta da Deputación decidiu non comparecer e este ano repite a súa decisión.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Autonomía local e confrontación

“A presidenta e o Goberno da Deputación só teñen a obriga de dar conta e someter os seus proxectos, incluídos os orzamentos, ao pleno da administración provincial”, explica Carmela Silva na súa carta remitida ao Presidente do Parlamento galego.

Nela tamén sinala que a Lei de acompañamento aos orzamentos galegos que se aprobou en decembro de 2017 para evitar estes casos “é totalmente incongruente, por inexistencia de conexión material entre a proposta lexislativa e o contido”. Silva engade que “podería afectar ao dereito constitucional no exercicio do cargo público representativo” segundo os servizos xurídicos da Deputación.

“Entendemos que esta norma é unha nova mostra do comportamento do Goberno da Xunta en procura da confrontación”, acusa Carmela Silva na súa carta ao Presidente do Parlamento, para rematar sinalando que se procederá a enviar toda a información dos orzamentos á comisión “en breve prazo”.

Desafíos presidenciais

Non é a primeira vez que acontece algo semellante. En 2006, cando gobernaban na Xunta PSdeG e BNG, tampouco se presentaron os presidentes de Lugo, Pontevedra e Ourense, daquela gobernados en maioría polo PP.

O ano pasado acompañara a Carmela Silva na súa decisión de non acudir ao Parlamento galego o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, que nesta ocasión si compareceu.

Leiceaga “entende” a decisión de Carmela Silva de non comparecer no Parlamento

Está a favor da comparecencia dos responsables de concellos e deputacións mais tamén da súa “autonomía”

A decisión da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, de non comparecer diante da Comisión de Economía do Parlamento galego foi a nova do día. O voceiro socialista do grupo parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, afirmou a Nós Televisión que está “a favor” de que participen nestas comisións representantes locais de concellos e deputacións mais “entende” a postura de Silva.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -