Martiño Noriega “autorrecéitase ” silenzo ante as declaracións Villares

Noriega evita analizar as recentes declaracións de Villares onde este lle recomendaba ao alcalde de Santiago que se centrara nas eleccións municipais

O Plenario de En Marea segue na axenda informativa. Ou polo menos por parte da prensa que hoxe tentou sacar unha opinión do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, sobre as últimas declaracións de Luís Villares, voceiro desta formación no Parlamento galego.

“Autorreceiteime silencio”, afirmou Noriega na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno no Pazo de Raxoi. O lider de Compostela Aberta asegurou que non vai volvera falar deste tema en semanas. “Aceptarei as preguntas mais non vou falar”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

“O que teña que dicirlle a Villares direillo en persoa”

En relación ás acusacións de Villares sobre o que aconteceu no Plenario que tivo lugar na Facultade de Económicas, Noriega foi moi claro ao dicir que “non me sinto interpelado por elas, o que teña que dicirlle a Villares direillo en persoa”.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -