Home Espazo Aberto Medio ambiente A Xunta, tres anos de promesas baleiras ante a contaminación na ría de Pontevedra

A Xunta, tres anos de promesas baleiras ante a contaminación na ría de Pontevedra

0
A Xunta, tres anos de promesas baleiras ante a contaminación na ría de Pontevedra

Nin as recentes mobilizacións da Asociación polo Saneamento da Ría nin a sentenza emitida hai tres anos polo Tribunal Europeo que advirte da necesidade de mellorar o saneamento da ría de Pontevedra fixeron efecto. O goberno de España e a Xunta continúan sen facerse cargo da contaminación na ría de Pontevedra onde os vertidos da poboación e, especialmente da pasteira ENCE, degradan a calidade das augas día tras día.

Hai tres anos, despois da sentenza, o goberno de España trasladáralle á Comisión Europea unha mensaxe de calma anunciando que en setembro de 2020 ían ter solventados os problemas de depuración. Para chegar a este punto, a Xunta anunciara que ía dedicar as axudas comunitarias para o saneamento da ría de Pontevedra, algo que a día de hoxe aínda non ocorríu. Tanto é así que recentemente, o colectivo de bateeiros e bateeiras da zona difundiron, xunto coa Asociación polo Saneamento da Ría, un vídeo no que se pode ver como os vertidos continúan a contaminar a día de hoxe a ría.