Home Programas Área Compostela O alcalde de Santiago propón mudar a partir do próximo ano o lugar dos fogos do Apóstolo

O alcalde de Santiago propón mudar a partir do próximo ano o lugar dos fogos do Apóstolo

0
O alcalde de Santiago propón mudar a partir do próximo ano o lugar dos fogos do Apóstolo

Tras reunirse coa subdelegada do Goberno na Coruña na Xunta Local de Seguridade, Xosé Sánchez Bugallo centrouse nas festas do Apóstolo. O alcalde de Santiago explicou que ten a vontade de que os fogos e as proxeccións muden a súa localización. De momento os fogos deste ano seguirán a planificación de sempre, pero Bugallo quere que a partir do próximo Apóstolo os fogos non volvan a botarse dende o Pazo de Raxoi e que as proxeccións sexan na Catedral. “A imaxe de cara ao turismo non vai cambiar se isto se fai, pero si que pode repercutir na seguridade xa que o Pazo de Raxoi é de madeira e a catedral é de pedra”, di Bugallo.

O alcalde tamén falou da seguridade en xeral en Santiago. Asegura que o que máis se está denunciando ultimamente son roubos de móbiles, pero di que “é difícil diferenciar cando son roubos e cando son perdas”.