Home Espazo Aberto Medio ambiente A Xunta informa á plataforma de Casalonga da aprobación dos plans de Toysal

A Xunta informa á plataforma de Casalonga da aprobación dos plans de Toysal

0
A Xunta informa á plataforma de Casalonga da aprobación dos plans de Toysal

O 8 de agosto a Xunta informou á plataforma veciñal a aprobación do plan de labores e o baleirado da lagoa. Ademais, a administración respondeu á organización veciñal negando a súa participación no proceso por “non ter lexitimade para personarse no expediente administrativo”.

Nun comunicado enviado hoxe, a plataforma Casalonga Limpa de Residuos informa tamén que mañá martes 20, terá unha reunión de urxencia para valorar os pasos a dar. “As malas noticias recibidas estes días preocúpannos pero non nos paralizan, máis ben todo o contrario, sacúdenos, sácanos da nosa inxenuidade e fai que redobremos os esforzos. Non imos deixar que instalen un vertedoiro encuberto no medio de núcleos densamente poboados”, afirman.

Desde a plataforma de Casalonga teñen claro que só un cambio lexislativo evitaría os problemas derivados da execución de plans de restauración, polo que solicitaron unha reunión co grupo parlamentario do partido do gobernó -o PPdeG- para abordar o tema