Home Programas Espazo Aberto A Viñeta de Schrödinger, a nova revista de banda deseñada en galego

A Viñeta de Schrödinger, a nova revista de banda deseñada en galego

0
A Viñeta de Schrödinger, a nova revista de banda deseñada en galego

Galiza quedou orfa hai uns anos de publicacións periódicas de banda deseñada. En case todos os proxectos vencellados a esta arte visual no noso país sempre figuraba un nome: Kiko da Silva

Nace a revista de banda deseñada A Viñeta de Schrödinger promovida pola Mesa e dirixida por Kiko da Silva

Tras este vigués figuran proxectos como BD Banda, Retranca ou o Garaxe Hermético, unha escola de banda deseñada como poucas. Agora tamén é o artifice dunha nova publicación que co nome de A Viñeta de Schrödinger sairá á rúa no mes de xullo promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística.

Nova revista de banda deseñada en galego

A Viñeta de Schrödinger. Nace a revista de banda deseñada promovida pola Mesa e dirixida por Kiko da Silva

Publicada por Nós Televisión en Miércoles, 23 de mayo de 2018

Schrödinger?

“A BD galega, a lingua e a cultura galega é como o gato de Schrödinger, está aí, estamos seguros de que está, que ten que estar, mais algúns cren que está morta, mentres nós cremos que está máis viva ca nunca. Pasa o mesmo coas revistas, que semellan esquecidas nun momento onde proliferan as novelas gráficas”

O primeiro número contará con historias autoconclusivas de Miguelanxo Prado, Aldara, Kohell, Miguel Porto, Zaida Novoa, Joan Casaramona, Fonso Barreiro, Miriam Iglesias, Pablo Prado, Fran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M Fraga, Fernando Llor e o propio Kiko Da Silva.

A portada dese mes será de Miguel Robledo e entre as súas seccións haberá unha dedicada a entrevistas que realizará o xornalista Roberto M. Sotomulo que neste número fala coa neoiorquina Sarah Andersen, autora da serie ‘Sarah’s Scribbles’. Algunhas das sinaturas forman parte do propio alumnado do Garaxe Hermético, unha das teimas de Kiko da Silva por impulsar novos creadores e creadoras.

O primeiro número, en Xullo

A Viñeta de Schrödinger terá un custe de cinco euros e unha periodicidade trimestral. Terá 32 páxinas a toda cor, encadernada en rústica e con acabado en lombo e unha tiraxe de 1.500 exemplares.

Onde subscribirse?