“O pobo palestino non é antixudeu; só procuramos a paz”

O activista Fayez Badawi, membro da Fronte Popular para a Liberación de Palestina, visitou hoxe Compostela convidado polo colectivo Mar de Lumes

A poboación palestina está a padecer unha das maiores barbaries do século. “Cortes de luz”, “detencións administrativas” ou “asasinatos selectivos” son algunhas das actuacións que o Goberno israelí acomete na franxa de Gaza, considerada o “maior campo de concentración da historia” por activistas coma Fayez Badawi, membro da Fronte Popular para a Liberación de Palestina. “Nós non somos antixudeus, senón antisionistas, xa que o sionismo é outro fascismo”, asegura, salientando que o pobo palestino “só quere vivir en paz”.

Non poden excusarse as matanzas de Israel coa existencia de Hamás

Fayez Badawi rexeita que o primeiro ministro Netanyahu excuse as súas actuacións pola existencia da organización islamista Hamás, xa que esta foi creada “despois de moitas matanzas” do Estado hebraico. A respecto da polémica apertura dunha embaixada estadounidense en Xerusalén, Badawi considera que o Goberno dos Estados Unidos ten un forte “papel sionista” neste histórico conflito.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Convidado polo colectivo Mar de Lumes, Badawi ofrecerá dous coloquios en Gondomar e Marín nas vindeiras datas, como preludio da visita que realizará en xuño Leila Khaled, unha das cabezas visíbeis da resistencia palestina.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -