Agustín Hernández acusa a Noriega de “desgobernar” Compostela nesta lexislatura

O voceiro do PP de Santiago considera que o seu mandato foi "mellor" que o actual, xa que Compostela Aberta "non ten proxecto de cidade".

Foi o terceiro alcalde do PP na convulsa anterior lexislatura. Agora, segundo avanza o Instituto Sondaxe de La Voz de Galicia, o portavoz municipal peor valorado pola veciñanza de Santiago. Iso si, el bota peito para afirmar que o seu mandato foi mellor que o actual de Martiño Noriega. Fala do seu mandato, claro. Obviamente, nin palabra de Conde Roa ou Ángel Currás.

O voceiro do PP acusou ao goberno municipal de Compostela Aberta de “inactividade” e de, entre outras cousa, “mediocridade” ao tempo que resumía os asuntos sobre os que o Concello “nada ten avanzado” nos últimos 3 anos.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -