O complexo de Miramontes volve estar no punto de mira. Este luns, a veciñanza da parroquia de Grixoa denunciaba a presenza de camións de alta tonelaxe por un vial restrinxido, destinados ao vertedoiro.
A Plataforma de Afectados asegura que non é a primeira vez que, logo de ser expulsados pola Guardia Civil, os transportistas retomen o camiño cando non hai vixilancia. Segundo apuntan dende a Plataforma, un deses camións que volveu circular pola estrada restrinxida fora acompañado de tres vehículos da Policía Nacional.
A veciñanza de Grixoa protesta: "Aquí non se pode vivir"
Camións de alta tonelaxe acceden con frecuencia ao complexo de Miramontes por viais restrinxidos
Publicada por Nós Televisión en Jueves, 24 de mayo de 2018
Múltiples sancións
Situacións coma esta, sumada aos múltiples incumprimentos da empresa xestora, provocan que sexa “imposible” para as e os residentes levar unha vida “normal”. O pasado mes de febreiro, o Concello acordou revogar a licenza da planta de tecnosolos que opera no complexo e, ao mesmo tempo, a Xunta sancionou á xestora do vertedoiro por incumprir a normativa ambiental. Porén, a veciñanza denuncia que se seguen a realizar malas prácticas que poñen en risco a súa saúde.