“A propia existencia do Consello da Cultura reflicte que temos moito camiño por diante”

A nova presidenta do CCG, Rosario Álvarez, debulla a situación na que se atopan a cultura do país e unha institución que avanza "en liña ascendente"

O Consello da Cultura da Galega toma un novo rumbo da man de Rosario Álvarez. A filóloga mantivo este xoves un encontro coa prensa no que debullou a situación que atravesa o panorama cultural de Galicia e o porvir da propia institución. Álvarez considera que a cultura está “viva” e “forte”, mais recoñece que aínda queda moito traballo por facer.

Rosario Álvarez evita falar de “receitas máxicas” impulsadas dende o Consello para mellorar esta situación. A presidenta matiza que é preciso sustentar calquera liña de actuación sobre unha base sólida. “O noso traballo é realizar propostas proactivas para o sector cultural, per non medidas políticas, xa que iso é traballo da Xunta e as Administracións locais”, expón.

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -

Álvarez toma os mandos dunha institución que medra en “liña ascendente”

O anterior dirixente da institución, Ramón Villares, logrou que a institución medrase e se “modernizase”, polo que Álvarez toma os mandos nunha etapa de crecemento en “liña ascendente”. Álvarez non se establece “límites” nin “barreiras”, e propón unha serie de medidas para “continuar o impulso” que está a experimentar o Consello da Cultura Galega.

Rosario Álvarez proponse incrementar a “representatividade” do Consello da Cultura

- Publicidade -
- Publicidade -
- Publicidade -