Home Programas Área Compostela O Concello responsabiliza á Policía Nacional da suspensión do servizo de autobuses durante o Son do Camiño

O Concello responsabiliza á Policía Nacional da suspensión do servizo de autobuses durante o Son do Camiño

0
O Concello responsabiliza á Policía Nacional da suspensión do servizo de autobuses durante o Son do Camiño

Ante o balbordo mediático xerado en torno á celebración do Son do Camiño e as deficiencias detectadas no transporte municipal, o Concello de Santiago vén de emitir unha nota aclaratora para dar a súa versión dos feitos.

Desde o Concello de Santiago resaltan que o funcionamento dos autobuses municipais foi normal durante a celebración do Festival malia a dificultade de organizar atender as necesidades do festival organizado pola Xunta de Galicia.

Agora ben, tal e como explican, desde as 3:30h da noite do sábado ao domingo, o servizo foi suspendido. A esa hora rexístrase unha gran concentración de persoas que pretendían abandonar o recinto do Monte do Gozo, e TUSSA decide habilitar 20 autobuses para axilizar o operativo. Deste xeito,  desde o Concello de Santiago formulan a posibilidade de que os autobuses municipais ecirculen de xeito gratuít para axilizar o desaloxo.

“O Concello de Santiago, a través do xerente de Tussa, formulou a posibilidade de que os autobuses circularan de maneira gratuíta para axilizar o desaloxo, pero aínda así a Policía Nacional considerou máis acaído, por cuestións de seguridade, suspender o servizo”

Porén, a Policía Nacional solicitou a suspensión do servizo de autobuses para evitar problemas de seguridade.