O festival O Son do Camiño foi un éxito en termos de asistencia, mais ficou moi afastado das expectativas xeradas polo sector servizos de Compostela. Conversamos co presidente de Compostela Monumental, José Manuel Bello, quen salienta a “baixa ocupación hoteleira” e, en xeral, o escaso impacto económico que tivo o evento sobre os comercios da cidade.
A entidade, crítica habitual contra a xestión de Compostela Aberta, desconfía agora do relato oficial sobre o éxito do Son do Camiño
Agardabamos máis do festival
Bello insta a Concello e Xunta a “dinamizar” o casco histórico de Compostela coa celebración de concertos nos lugares máis emblemáticos da “zona vella”. Para el, este é un elemento fundamental para incrementar a actividade nun barrio que perde poboación ano tras ano.
No tocante á música ao vivo característica da noite compostelá, o presidente de Compostela Monumental asegura non estar en contra da nova Lei de Espectáculos, mais si que apoia as actuacións en directo. Bello cre que é posíbel compatibilizar os intereses de tódalas partes e permitir os concertos “que respecten os horarios e á veciñanza do casco histórico”.