O Concello de Santiago segue avanzando cara ao cambio de deseño que está a artellar sobre a cidade histórica. Este martes presentáronse as conclusións da conferencia estratéxica do Plan de Xestión, cuxo principal obxectivo segue a ser converter a “amendoa” do casco vello nun lugar “habitable” para a poboación compostelá.
Alugueiro de vivenda a particulares
Para lograr este propósito, o Goberno local presenta diferentes iniciativas coma o plan ‘Aviva Compostela’, que permitirá fomentar o aluguer de vivendas a particulares no canto de destinalas a un “uso turístico”, como vén sendo habitual na cidade histórica. O prezo máximo do aluguer roldaría os 600 euros.
Participación cidadá
Con todo, este proceso de participación cidadá susténtase sobre tres eixos: os grupos focais de traballo con expertos nos diferentes ámbitos, a conferencia estratéxica celebrada a semana pasada e o contacto “fluído” coa veciñanza, para o cal o Concello creará un Consello de Asociacións Veciñais que participe neste proxecto dun xeito activo.