Do 2 ao 4 de xuño, Ponteareas lucirá as súas mellores galas da man das tradicionais alfombras florais do Corpus Christi. Nesta ocasión, a encargada de ler o pregón que inaugura as festas será a actriz e presentadora de televisión Nieves Rodríguez.
A propia actriz asegura estar “moi satisfeita” pola súa elección, nunha festa que “só pode coñecerse visitándoa”. Rodríguez considera “fundamental” reivindicar a cultura galega a través de eventos coma este.
Esta festa só pode coñecerse visitándoa en persoa
A pasada edición congregou a varios milleiros de persoas, e este ano o alcalde conta con aumentar a asistencia. Axencias turísticas de Galicia e o norte de Portugal están a preparar viaxes a Ponteareas por mor do Corpus Christi, e o Concello habilitará postos de información para turistas.
En trámites para declarar a festa ‘BIC’
O Corpus Christi, unha tradición de máis de 150 anos, está recoñecido como Festa de Interese Turístico Internacional. Con todo, o Concello de Ponteareas está a realizar os trámites para declarar a festividade como Ben de Interese Cultural Inmaterial, unha distinción “única” para un evento “moi especial” e “ligado á tradición portuguesa dos Maios”.