More

    O BNG propón a municipalización da Escola Municipal de Música

    Rubén Cela ofrece esta alternativa se a nova concesionaria non mantén ao profesorado actual

    O futuro laboral dos 24 mestres e mestras da Escola Municipal de Música semella seguir no aire. A pasada semana, o alcalde, Martiño Noriega, enviaba unha mensaxe de tranquilidade ao profesorado, asegurando que tentará garantir a subrogación do persoal coa nova concesionaria. Porén, o BNG insta a Noriega a dar un paso máis alá e municipalizar o servizo.

    Críticas contra Compostela Aberta

    O dirixente local do Bloque lamenta que o grupo de Goberno cualificase esta proposta de “ocurrencia”, xa que isto retrata a “involución” de Compostela Aberta dende que tomou o poder. Cela defende que, en vista da situación, a única alternativa para garantir a estabilidade do profesorado é a asunción da “xestión directa” por parte do Concello.

    Así e todo, a empresa adxudicataria, a única que se presentou ao concurso, obtivo unicamente 20’5 dos 35 puntos aos que aspiraba. Para o BNG, isto evidencia que o seu proxecto educativo deixa “moito que desexar”.

    Faite socia, faite socio

    As socias e socios de Nós Televisión son un piar básico. Desde moi pouco, a túa achega económica pode axudarnos a consolidar este espazo audiovisual libre e en galego